Ola. Benvidos ó meu blog. Chámome Manuel Rodríguez García e teño 15 anos. Estudo no I.E.S. Lama das Quendas no curso de 4º da E.S.O no grupo B. Na asignatura de Técnicas de Expresión Escrita é cando vou facer este blog.
Falando do meu físico son un rapaz bastante alto, 1 metro e 78 centímeros, e tamén bastante delgado.Teño o pelo escuro, ó igual cos meus ollos; o nariz fino e redondo na punta; as meixelas suaves, que se redondean co meu sorriso; a boca pequena e os meus beizos finos.
Falando agora do meu carácter, considérome un rapaz feliz, alegre e divertido; bon amigo dos meus amigos e nada rencoroso. Non me gusta levarme mal con ninguén, xa que ó meu parecer é unha tontería pasar o tempo enfadado.
Se falamos dos meus gustos direivos que me apaixonan os deportes, sobre todo o fútol e o tenis, deportes que practico habitualmente. Tamén me gusta para comer a pasta con tomate e outras comidas coma o peixe e auga ou algún refresco de limón para beber. A roupa que me gusa vestir son pantalóns vaqueiros, sudadeiras de algodón e tenis de calzado.
Algunhas cousas que non me gustan son que a xente fume ó meu arredor e as pelexas. Non me agrada beber coca-cola.
Algunhas cousas que non me gustan son que a xente fume ó meu arredor e as pelexas. Non me agrada beber coca-cola.
No hay comentarios:
Publicar un comentario