
Como se ve na imaxe a persoa que vou describir é un home duns 30 anos que xoga ó fútbol, e que na imaxe viste a camiseta da selección arxentina. De estatura baixa, 170 centímetros aproximadamente, e un pouco gordo. Debido a súa pequena estatura ten os brazos e as pernas curtas. A cara bastante redonda como se ve na imaxe da esquerda, cun pelo bastante longo que lle cae ata a camiseta tapándolle a pescozo pola parte de atrás. Ten os ollos alongados, e as cellas que os cobren son mestas, chegando case a unirse por riba do seu fino e pequeno nariz. A boca na imaxe está pechada, mostrándonos os seus doces beizos. O seu pescozo é bastante groso. A roupa que leva vestida é o traxe da selección arxeninta, selección na que xoga. A vestimenta consiste nunha camiseta de manga curta, a raias brancas e azuis celestes e cun brazalete azul escuro no final da manga; un pantalón moi curto de cor negro e cunha raia branca, que prácticamentte só lle tapa os calzóns. As medias son de cor branco agás unhas bandas de cor azul celeste. Calza unhas botas de fútbol con tacos de aluminio de cor negras co símbolo en branco da marca que son.
O seu carácter é o dun home gañador, pensativo e concentrado, que pensa só en xogar o mellor posible o partido que vai a disputar. Tamén é de carácter forte e agresivo pola expresión que reflexa o seu rostro.