A parella feliz

miércoles, 21 de noviembre de 2007

Charla Quérote

A charla sobre o sexo que nos veu a dar Noa, unha traballadora do centro Quérote, resultou moi produtiva dende o meu punto de vista.

Primeiro cada un de nós tivo que ir dicindo unha palabra que estivese relacionada co sexo. Saíron palabras moi diferentes. Tamén nos preguntou cando críamos que comezabamos a ter sexualidade e ata cando. Chegamos á conclusión de que a temos dende que nacemos, ata que morremos.

Logo explicounos tres conceptos básicos sobre os que iamos falar: sexoación, sexualidade e erótico. A raíz desto tivemos que comentar se nos parecía normal ou raro algunhas situacións de parella no momento de realizar actos sexuais.

Acto seguido tivemos que comentar os alumnos, algúns actos sexuais que nos gustaría facer sen contar á penetración. Coa unión de todas as ideas propuxemos un acto moi erótico, segundo a sexóloga.

A continuación díxonos que era convinte empregar unha funda de latex no momento de realizar determinados actos; por exemplo, cando un dos que o realizan teña papilomas para non transmitilos de uns a outros.

Xa para rematar tamén nos falou do uso do preservativo e explicounos como se pon. Comentounos onde se debe gardar, que debe ser un lugar onde o preservativo esta estirado e fresco, porque se non pode chegar a romper non valería de nada a súa utilización.

Esta charla para min resultou moi interesante, xa que aprendín cousas novas sobre o sexo que descoñecía.

No hay comentarios: