A parella feliz

jueves, 22 de enero de 2009

TICS

Esta entrada neste blog xa a fago como alumno de 1º BAC, na asignatura TICs, e non como alumno de 4º ESO como facía o ano anterior na asignatura de TdEE. Simplemente é unha entrada para comprobar que sabemos facer entradas e editar un blog.

jueves, 29 de mayo de 2008

Examen da Terceira Avaliación

Un día, cando eu pasaba ao carón dunha casa abandonada para dirixirme á escola, descubrín que esta agochaba un misterio dentro. Cada vez que alguén pasaba cerca dela, escoitábanse voces que procedían do seu interior.

A casa abandonada estaba case en ruínas, e anteriormente fora un pazo. Fora restaurada había uns anos para empregar como lugar de turismo rural, pero non tivera éxito e deixárase quedar abandonada. O lugar era bo e moi rural, con xardín e fincas ao redor, pero en mal estado pola deixamento dos donos. Por dentro era ampla e ben decorada, aínda que agora os obxectos decorativos se atopaban xa bastante oxidados e deteriorados, a causa da pasividade dos donos. Tiña cinco dormitorios, dous aseos, unha cociña e dous salóns de estar.

Conteille a historia a catro amigos meus, pero só convencín a tres para, entre os catro, investigar que ou quen era o que facía as voces, mentres que o outro amigo non nos quixo axudar.

O primeiro día de investigación, unicamente pasamos por diante para confirmar que realmente seguía emitindo o estraño ruído. Co paso dos días fomos achegándonos máis á casa, e, como é obvio, os ruídos soaban con maior forza.

Logo de pasadas varias semanas só paseando por diante, decidimos entrar para ver se eramos capaces de atopar o que emitía as voces. Paseamos por dentro un bo anaco, pero era tan grande a casa que non nos deu tempo a entrar en tódolos cuartos, polo que non nos quedou outra que volver ó día seguinte.

Xa dentro da casa de novo, entramos nos cuartos que nos faltaban por revisar, e, a nosa sorpresa chegou cando nos metemos no último sitio que nos faltaba por mirar, o que parecía a cociña. Unha vez dentro, e sen que ninguén máis que nós dentro, as voces repetíronse, e o que máis nos chamou a atención foi que nos chamaba polo noso nome. Cando escoitamos iso empezamos todos a tremer e tentamos saír correndo, pero de súpeto a porta pechouse.

Os catro xuntámonos e abrazámonos con moito medo, pensando que xa non daríamos saído de alí, pero cando xa estábamos os catro a punto de chorar, o noso amigo que non nos quixera axudar, descubriuse e contounos que era el quen facía os ruídos xa que se quería burlar de nós.

Ó final, os cinco fomos por comida e xantamos xuntos na casa misteriosa.

martes, 27 de mayo de 2008

A Semana da Poesía

Hoxe, con motivo da semana da poesía que estamos a celebrar no instituto, imos facer unha entrada falando dos traballos expostos no salón de actos, todos eles realizados polos alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato.

Nos traballos, despois de velos e ler algunha que outra poesía, tiñas xogos sobre eles para realizar.

Ó primeiro que fomos foi ó grupo de Andrés, no que había que ler un poema, para despois ser preguntado sobre el, e se adiviñabas a pregunta lanzabas tres dardos, sen pica, para tentar estoupar uns globos que había colgados, e que levaban un poema dentro.

Logo visitamos ó grupo de Ildefonso, no que primeiro tiñas que escoller un poema ó azar, lelo e deixar un comentario sobre el. Unha vez feito eso, os do grupo facíanche unha pregunta sobre o poema que anteriormente leras, e se adiviñabas dábanche unha rosquilla e unha gominola.

Máis tarde presentámonos no grupo de Brais, no que había que cubrir un test sobre unhas preguntas que estaban relacionadas cunha presentación que expuxeron cun proxector. Unha vez cuberto o test, dependendo dos acertos que tiveras, dábanche unha, dúas ou ningunha golosina.

Tras rematar as tarefas deste grupo, pasamos ó de André, no que logo de ver un vídeo, moi ben feito polos do grupo, no proxector, tiñas que describir cunha ou dúas palabras o que sentiche ó ver e escoitar o poema. Cando rematabas de facer esto, eles líanche un poema e entregábanche un diploma por haber estado alí con eles.

Outro grupo que visitamos foi o de Sofía no que, en grupos de tres, e con catro imaxes cada un, tiñamos que asocialas ós poemas que había escritos. O primeiro en acabar levaba unha golosina e máis un poema, mentres os outros dous só o poema.

O último grupo que visitei foi o de Alba, no que simplemente tiñas que pintar algo relacionado cun libro de carácter feminista.

Despois diso estaba comezando a ver un vídeo do grupo de Erea, pero timbrou e tivemos que irnos.

martes, 13 de mayo de 2008

Relato curto

O outro día vin un extraño feito na aldea dos meus avós. Estaba tan tranquilo xogando na finca da casa, cando vin pasar un unicornio. A miña sorpresa foi maiúscula, pero aínda máis cando vin un galo poñendo oito ovos.
O final da historia foi triste e desafortunado, xa que o unicornio ó agacharse para ver os ovos, clavoulle o corno ó galo e matouno.

martes, 6 de mayo de 2008

O Cómic

Deixade aquí o voso comentario sobre o cómic.

martes, 22 de abril de 2008

Monólogo Interior


¿Como estarán os meus fillos? ¿Onde teño as pastillas? Teño que acordarme de tomalas antes do xantar. Moita pastilla pero non noto efecto ningún. ¿Cando irei cobrar a pensión? A ver se non chove para poder ir cobrala esta mesma tarde. Seguro que están traballando. Pobriños. Menos mal que cobran moito e viven ben, ¡canto os extraño! Os cartos da pensión non me chegan a nada. Teño que ir á farmacia que se me están acabando as pastillas. A ver se me suben a pensión dunha vez. A ver cando veñen estos meus fillos facerme unha visita.

martes, 25 de marzo de 2008

A segunda avaliación

Primeiro día de clase trala Semana Santa, ou o que é o mesmo, primeiro día de clase da terceira avaliación.
Nesta nova entrada, a profesora de Técnicas de Expresión Escrita mandounos facer un balance do que foi para nós a segunda avaliación, xa rematada.
A segunda avaliación foi moi curta, pero moi intensa e con moito traballo diario para facer. Día tras día os exames sucedíanse, e o noso traballo era cada vez máis duro, polo que houbo que traballar moi duro para levar o traballo ó dia, e desta maneira facer o traballo, se cabe, un pouco máis fácil, e así non fallar en ningunha asignatura.
Xa que vos falei de como houbo que afrontar a avaliación, direivos cales foron os resultados que eu obtiven, dos que non hai queixa, aínda que se poden mellorar. Aprobei todas as asignaturas, unhas con mellor nota que outras, e só tiven problemas co inglés, que se me atragantou un pouco, pero que puiden aprobar.
Agora o que nos espera e unha terceira avaliación na que vai haber que traballar aínda máis duro, porque e máis longa.