A parella feliz

martes, 25 de marzo de 2008

A segunda avaliación

Primeiro día de clase trala Semana Santa, ou o que é o mesmo, primeiro día de clase da terceira avaliación.
Nesta nova entrada, a profesora de Técnicas de Expresión Escrita mandounos facer un balance do que foi para nós a segunda avaliación, xa rematada.
A segunda avaliación foi moi curta, pero moi intensa e con moito traballo diario para facer. Día tras día os exames sucedíanse, e o noso traballo era cada vez máis duro, polo que houbo que traballar moi duro para levar o traballo ó dia, e desta maneira facer o traballo, se cabe, un pouco máis fácil, e así non fallar en ningunha asignatura.
Xa que vos falei de como houbo que afrontar a avaliación, direivos cales foron os resultados que eu obtiven, dos que non hai queixa, aínda que se poden mellorar. Aprobei todas as asignaturas, unhas con mellor nota que outras, e só tiven problemas co inglés, que se me atragantou un pouco, pero que puiden aprobar.
Agora o que nos espera e unha terceira avaliación na que vai haber que traballar aínda máis duro, porque e máis longa.

miércoles, 5 de marzo de 2008

A materia artúrica

Nesta nova entrada vou falar algo da materia artúrica, máis en concreto da historia do nacemento de Artur ata a súa proclamación como rei.
Merlín era un mago que lle daba consellos a quen llos pedise. Uther pediullo. O que lle pediu era para namorar a Igraine, a muller de outro rei. Merlín deullo, pero si chegaba a ter un fillo con Igraine, debería darllo. Uther e Igraine non tardaron moito en ter o fillo, que resultou ser Artur. Merlín faláballe todos os días das ciencias, e dáballe algunhas fórmulas máxicas. Artur vivía cun nobre e o seu fillo Kay.

Un día, Kay foi a un torneo, e cando lle pediu a espada a Artur para loitar, este acordouse que lle quedara na pousada. Foi correndo, pero cando chegou a pousada resultou estar pechada, polo que Artur, ó ver unha espada cravada nunha rocha colleuna e deulla a Kay. Este percatouse que era a espada Escalibur, a cal quen fora capaz de quitala sería rei de Inglaterrra, xa que o rei Uther morrera sen descendencia coñecida. Kay díxollo a seu pai e este mandouna volver a cravar.

Despois de que moitos nobres máis a intentaran descravar e nadie puidera, volveuno a intentar Artur, a quen se lle iluminou un raio na cabeza, e quitouna sen ningunha dificultade.

Asi foi como Artur se proclamou rei de Inglaterra.