Despois de moito tempo, volvo a poñer unha entrada no blog. Todo este tempo sen escribir, adicámolo a compoñer un cómic, do cal vos vou falar a continuación.
O cómic, que nolo mandou facer a profesora de Técnicas de Expresión Escrita, está realizado a raíz das descricións de varias películas contadas por diferentes alumnos da clase. A partir destas descricións, tivemos que crear unha historia uníndoas. Despois, coa base da historia, tivemos que crear o cómic en grupo. Pereira, María e máis eu conformamos o grupo.
A creación do cómic tivo varios pasos. Primeiro pensamos o que se ía ver en cada viñeta, así como en que plano e o que ía dicir cada persoaxe. Logo fomos debuxando as viñetas que antes habíamos pensado, introducindo ou eliminando algún obxecto ou imaxe que nos parecía necesario. Para rematar o cómic pintamos as viñetas e pegámolas nunha cartulina. Pero aquí non acaba o traballo, xa que tivemos que facer unha ficha, para entregarlle á profesora, coas descricións das viñetas, os planos e o os diálogos, e outra ficha co proceso de elaboración do cómic, así como o que realizou cada membro do grupo.
A parella feliz
martes, 19 de febrero de 2008
Suscribirse a:
Entradas (Atom)