
Nesta nova entrada vou describir o que fixen no nadal.
Os primeiros días adiqueinos a descansar, estar coa familia e a practicar deporte cos amigos. O día de noite boa paseino coa miña familia paterna. Ceamos todos xuntos nunha casa rural, propiedade dos meus avós. A casa atópase nunha pequena aldea chamada Pepes. Está construída en pedra xa que é antiga, pero consérvase moi ben, e en apariencia non parece selo. Por dentro é moi acolledora, xa que hai unha cheminea que desprende moita calor, o que fai que haxa unha temperatura agradable. O chan está reformado e agora é de parqué, o que contrasta moi ben co do piso superior feito en madeira. Neste atópanse as habitacións onde durmimos, despois dunha noite de felicidade chea de música. Os días seguintes ó festivo de nadal comecei a traballar nas tarefas escolares.
O día de noite vella ceei e comín as uvas acompañado da miña familia materna. O mesmo día saín cos meus amigos para celebrar a entrada do novo ano. O festivo estíveno disfrutando coa familia. Logo deste día festivo rematei case todas as tarefas escolares e volvín a adestrar co meu equipo de fútbol.
O día de reis ceei cos meus pais e meu irmán, os que logo charlamos cuns amigos antes de deitarnos para esperar a chegada dos reis. Ó día seginte abrimos os regalos e recollemos os adornos de nadal que colocaramos para decorar a casa cun ambiente navideño. Xa o último día de vacacións, adiqueino a descansar e a prepararme para a volta á escola.
