
¿Como estarán os meus fillos? ¿Onde teño as pastillas? Teño que acordarme de tomalas antes do xantar. Moita pastilla pero non noto efecto ningún. ¿Cando irei cobrar a pensión? A ver se non chove para poder ir cobrala esta mesma tarde. Seguro que están traballando. Pobriños. Menos mal que cobran moito e viven ben, ¡canto os extraño! Os cartos da pensión non me chegan a nada. Teño que ir á farmacia que se me están acabando as pastillas. A ver se me suben a pensión dunha vez. A ver cando veñen estos meus fillos facerme unha visita.