A casa abandonada estaba case en ruínas, e anteriormente fora un pazo. Fora restaurada había uns anos para empregar como lugar de turismo rural, pero non tivera éxito e deixárase quedar abandonada. O lugar era bo e moi rural, con xardín e fincas ao redor, pero en mal estado pola deixamento dos donos. Por dentro era ampla e ben decorada, aínda que agora os obxectos decorativos se atopaban xa bastante oxidados e deteriorados, a causa da pasividade dos donos. Tiña cinco dormitorios, dous aseos, unha cociña e dous salóns de estar.
Conteille a historia a catro amigos meus, pero só convencín a tres para, entre os catro, investigar que ou quen era o que facía as voces, mentres que o outro amigo non nos quixo axudar.
O primeiro día de investigación, unicamente pasamos por diante para confirmar que realmente seguía emitindo o estraño ruído. Co paso dos días fomos achegándonos máis á casa, e, como é obvio, os ruídos soaban con maior forza.
Logo de pasadas varias semanas só paseando por diante, decidimos entrar para ver se eramos capaces de atopar o que emitía as voces. Paseamos por dentro un bo anaco, pero era tan grande a casa que non nos deu tempo a entrar en tódolos cuartos, polo que non nos quedou outra que volver ó día seguinte.
Xa dentro da casa de novo, entramos nos cuartos que nos faltaban por revisar, e, a nosa sorpresa chegou cando nos metemos no último sitio que nos faltaba por mirar, o que parecía a cociña. Unha vez dentro, e sen que ninguén máis que nós dentro, as voces repetíronse, e o que máis nos chamou a atención foi que nos chamaba polo noso nome. Cando escoitamos iso empezamos todos a tremer e tentamos saír correndo, pero de súpeto a porta pechouse.
Os catro xuntámonos e abrazámonos con moito medo, pensando que xa non daríamos saído de alí, pero cando xa estábamos os catro a punto de chorar, o noso amigo que non nos quixera axudar, descubriuse e contounos que era el quen facía os ruídos xa que se quería burlar de nós.
Ó final, os cinco fomos por comida e xantamos xuntos na casa misteriosa.
10 comentarios:
- Revísame isto: "A casa abandoada estaba case en ruínas, e anteriormente fora un pazo, pero que anos atrás fora restaurada para o turismo rural, pero non tivera éxito e deixarase quedar abandoada." ë unha oración imposíbel.
- Cantas veces aparece a palabra "casa"???
- un final un pouco estraño, pero vale.
Tes que xustificar o texto e revisar a ortografái.
Que pasa artista a entrada esta ben
eiiiiii!!!esa foto e a miña copiónnnnnnn!!!....jejeje...haber se aprobas un saudo.
a entrada esta bastante ben gustame, sorte
Doulle a razón a Xenevra e moi enrevesada a oración polo demais gustoume moito a entrada
Ola a casa e moi bonita e o texto está ben. A ver se aprovas técnicas.
Ola no texto aparece moitas veces a palabra casa deberís omitila ou cambiala por algún sinónimo. Do resto está ben. un saúdo
gustoume a astucia do rapaz jejej e sobre todo que os demais non o tomasen a mal e decidisen comer todos xuntos jejejej
Ola.
A entrada esta ben e aver quen pasava por dianta desa casa porque o escoitar esas voces tes que levar un susto. As compaxinan moi ben, e gustame moito
Publicar un comentario