A parella feliz

martes, 19 de febrero de 2008

O cómic

Despois de moito tempo, volvo a poñer unha entrada no blog. Todo este tempo sen escribir, adicámolo a compoñer un cómic, do cal vos vou falar a continuación.

O cómic, que nolo mandou facer a profesora de Técnicas de Expresión Escrita, está realizado a raíz das descricións de varias películas contadas por diferentes alumnos da clase. A partir destas descricións, tivemos que crear unha historia uníndoas. Despois, coa base da historia, tivemos que crear o cómic en grupo. Pereira, María e máis eu conformamos o grupo.

A creación do cómic tivo varios pasos. Primeiro pensamos o que se ía ver en cada viñeta, así como en que plano e o que ía dicir cada persoaxe. Logo fomos debuxando as viñetas que antes habíamos pensado, introducindo ou eliminando algún obxecto ou imaxe que nos parecía necesario. Para rematar o cómic pintamos as viñetas e pegámolas nunha cartulina. Pero aquí non acaba o traballo, xa que tivemos que facer unha ficha, para entregarlle á profesora, coas descricións das viñetas, os planos e o os diálogos, e outra ficha co proceso de elaboración do cómic, así como o que realizou cada membro do grupo.

13 comentarios:

maria rizo dijo...

Ola o cómic a verda e que quedou moi ben bueno que vou decir eu se tamén estaba nese grupo jeje.
Redactáches moi ben o traballo que fixemos.
chaooooooooooooooooo

libertad dijo...

Ola, o que fixestes esá moi ben redactado

Vinh@s dijo...

O comic está moi ben pero o único k tiñas que cambiar era de grupo so pola María. NOn teño nada na sua contra pero é para "darlle a lata" un pouco. eña bkñs wapeton jaja

o home do saco dijo...

Hola señorito Manuel jeje bueno tes razón de que xa era hora de escribir unha nova entrada aínda que o cómic foi moi entretido. Gústame moito as túas expresións e a maneira de falar, moi fina jeje. Ala pásao ben

joni dijo...

ola está bastante ben gústame bastante e é original bueno aver se susana pon boa nota xao

@inoakp dijo...

Ola que tal????????????
A presentación está ben e o cómic tamén.
Un bico.

adrián dijo...

ola manolo...como che vai todo???este comic si que esta ben de todo o mellor de todos ou a caso non e verda????jejejeje beña pasalo ben
un saudo do DEMO EN PERSOA.

Anónimo dijo...

Que pasa Manolo. O voso comic esta moi ben e gustame. Vueno non sei que mais che contar. Paslo Ben




..,.,,.,-,Chao.,.,.,.-,-,

pablo dijo...

ola que hai o comic moi ben espero que saquedes boa nota veña pasalo ben

¡NOTINGANPRISA! dijo...

ola... o comic quedoubos bastante ben!! so fostes 3 pero eficaces jaja bueno eu con tal de aprabar xa me chegaria jaja eña sorte...

olaya dijo...

ola que tal???
O cómic quedouvos moi ben e si que vos deu ben traballo.E a entrada está ben redactada.
un bico

Mónica dijo...

Ola o cómic está ben e a presentación tamén.

IsMa dijo...

Ola! o comic esta ben e a entrada esta moi ben redactada, sorte ca nota.








--------------AmSy-----------------