A parella feliz

martes, 22 de abril de 2008

Monólogo Interior


¿Como estarán os meus fillos? ¿Onde teño as pastillas? Teño que acordarme de tomalas antes do xantar. Moita pastilla pero non noto efecto ningún. ¿Cando irei cobrar a pensión? A ver se non chove para poder ir cobrala esta mesma tarde. Seguro que están traballando. Pobriños. Menos mal que cobran moito e viven ben, ¡canto os extraño! Os cartos da pensión non me chegan a nada. Teño que ir á farmacia que se me están acabando as pastillas. A ver se me suben a pensión dunha vez. A ver cando veñen estos meus fillos facerme unha visita.

martes, 25 de marzo de 2008

A segunda avaliación

Primeiro día de clase trala Semana Santa, ou o que é o mesmo, primeiro día de clase da terceira avaliación.
Nesta nova entrada, a profesora de Técnicas de Expresión Escrita mandounos facer un balance do que foi para nós a segunda avaliación, xa rematada.
A segunda avaliación foi moi curta, pero moi intensa e con moito traballo diario para facer. Día tras día os exames sucedíanse, e o noso traballo era cada vez máis duro, polo que houbo que traballar moi duro para levar o traballo ó dia, e desta maneira facer o traballo, se cabe, un pouco máis fácil, e así non fallar en ningunha asignatura.
Xa que vos falei de como houbo que afrontar a avaliación, direivos cales foron os resultados que eu obtiven, dos que non hai queixa, aínda que se poden mellorar. Aprobei todas as asignaturas, unhas con mellor nota que outras, e só tiven problemas co inglés, que se me atragantou un pouco, pero que puiden aprobar.
Agora o que nos espera e unha terceira avaliación na que vai haber que traballar aínda máis duro, porque e máis longa.

miércoles, 5 de marzo de 2008

A materia artúrica

Nesta nova entrada vou falar algo da materia artúrica, máis en concreto da historia do nacemento de Artur ata a súa proclamación como rei.
Merlín era un mago que lle daba consellos a quen llos pedise. Uther pediullo. O que lle pediu era para namorar a Igraine, a muller de outro rei. Merlín deullo, pero si chegaba a ter un fillo con Igraine, debería darllo. Uther e Igraine non tardaron moito en ter o fillo, que resultou ser Artur. Merlín faláballe todos os días das ciencias, e dáballe algunhas fórmulas máxicas. Artur vivía cun nobre e o seu fillo Kay.

Un día, Kay foi a un torneo, e cando lle pediu a espada a Artur para loitar, este acordouse que lle quedara na pousada. Foi correndo, pero cando chegou a pousada resultou estar pechada, polo que Artur, ó ver unha espada cravada nunha rocha colleuna e deulla a Kay. Este percatouse que era a espada Escalibur, a cal quen fora capaz de quitala sería rei de Inglaterrra, xa que o rei Uther morrera sen descendencia coñecida. Kay díxollo a seu pai e este mandouna volver a cravar.

Despois de que moitos nobres máis a intentaran descravar e nadie puidera, volveuno a intentar Artur, a quen se lle iluminou un raio na cabeza, e quitouna sen ningunha dificultade.

Asi foi como Artur se proclamou rei de Inglaterra.

martes, 19 de febrero de 2008

O cómic

Despois de moito tempo, volvo a poñer unha entrada no blog. Todo este tempo sen escribir, adicámolo a compoñer un cómic, do cal vos vou falar a continuación.

O cómic, que nolo mandou facer a profesora de Técnicas de Expresión Escrita, está realizado a raíz das descricións de varias películas contadas por diferentes alumnos da clase. A partir destas descricións, tivemos que crear unha historia uníndoas. Despois, coa base da historia, tivemos que crear o cómic en grupo. Pereira, María e máis eu conformamos o grupo.

A creación do cómic tivo varios pasos. Primeiro pensamos o que se ía ver en cada viñeta, así como en que plano e o que ía dicir cada persoaxe. Logo fomos debuxando as viñetas que antes habíamos pensado, introducindo ou eliminando algún obxecto ou imaxe que nos parecía necesario. Para rematar o cómic pintamos as viñetas e pegámolas nunha cartulina. Pero aquí non acaba o traballo, xa que tivemos que facer unha ficha, para entregarlle á profesora, coas descricións das viñetas, os planos e o os diálogos, e outra ficha co proceso de elaboración do cómic, así como o que realizou cada membro do grupo.

miércoles, 9 de enero de 2008

O nadal





Nesta nova entrada vou describir o que fixen no nadal.


Os primeiros días adiqueinos a descansar, estar coa familia e a practicar deporte cos amigos. O día de noite boa paseino coa miña familia paterna. Ceamos todos xuntos nunha casa rural, propiedade dos meus avós. A casa atópase nunha pequena aldea chamada Pepes. Está construída en pedra xa que é antiga, pero consérvase moi ben, e en apariencia non parece selo. Por dentro é moi acolledora, xa que hai unha cheminea que desprende moita calor, o que fai que haxa unha temperatura agradable. O chan está reformado e agora é de parqué, o que contrasta moi ben co do piso superior feito en madeira. Neste atópanse as habitacións onde durmimos, despois dunha noite de felicidade chea de música. Os días seguintes ó festivo de nadal comecei a traballar nas tarefas escolares.








O día de noite vella ceei e comín as uvas acompañado da miña familia materna. O mesmo día saín cos meus amigos para celebrar a entrada do novo ano. O festivo estíveno disfrutando coa familia. Logo deste día festivo rematei case todas as tarefas escolares e volvín a adestrar co meu equipo de fútbol.

O día de reis ceei cos meus pais e meu irmán, os que logo charlamos cuns amigos antes de deitarnos para esperar a chegada dos reis. Ó día seginte abrimos os regalos e recollemos os adornos de nadal que colocaramos para decorar a casa cun ambiente navideño. Xa o último día de vacacións, adiqueino a descansar e a prepararme para a volta á escola.

martes, 18 de diciembre de 2007

Exame TdEE. Descripción


Como se ve na imaxe a persoa que vou describir é un home duns 30 anos que xoga ó fútbol, e que na imaxe viste a camiseta da selección arxentina. De estatura baixa, 170 centímetros aproximadamente, e un pouco gordo. Debido a súa pequena estatura ten os brazos e as pernas curtas. A cara bastante redonda como se ve na imaxe da esquerda, cun pelo bastante longo que lle cae ata a camiseta tapándolle a pescozo pola parte de atrás. Ten os ollos alongados, e as cellas que os cobren son mestas, chegando case a unirse por riba do seu fino e pequeno nariz. A boca na imaxe está pechada, mostrándonos os seus doces beizos. O seu pescozo é bastante groso.



A roupa que leva vestida é o traxe da selección arxeninta, selección na que xoga. A vestimenta consiste nunha camiseta de manga curta, a raias brancas e azuis celestes e cun brazalete azul escuro no final da manga; un pantalón moi curto de cor negro e cunha raia branca, que prácticamentte só lle tapa os calzóns. As medias son de cor branco agás unhas bandas de cor azul celeste. Calza unhas botas de fútbol con tacos de aluminio de cor negras co símbolo en branco da marca que son.



O seu carácter é o dun home gañador, pensativo e concentrado, que pensa só en xogar o mellor posible o partido que vai a disputar. Tamén é de carácter forte e agresivo pola expresión que reflexa o seu rostro.

miércoles, 5 de diciembre de 2007

A nova aula

Os sentimentos que afloraron en min ó entrar na nova aula, foron os de tristura e ledicia a un tempo. Tristura por abandoar aquela preciosa aula con unhas magníficas vistas cara a carballeira. Por outro lado tamén me produciu ledicia por que a nova aula é máis ampla e espazosa, e ten unha mellor colocación dos ordenadores. A aula tamén inspira frescura e liberdade, polo gran oco que queda libre no medio da clase.